O pasado mércores o primeiro equipo tivo o privilexio dun adestramento diferente dirixido por un dos mellores adestradores e formadores do noso deporte, Tomás de Dios.
Actual adestrador da UA Ceutí, que milita na Segunda División Masculina, Tomás é un referente do fútbol sala a nivel nacional e internacional.
“Siempre un placer. Generar dudas a la defensora, atacar al impar, hacer pensar y observar en la intensidad de la tarea. Grazas F.C. Meigas.”
Grazas por compartir connosco unha vez máis a túa sabiduría e contaxiarnos tanta paixón! 😊 🤍💙⚽🤍🖤
תגובות